Non sabes que regalar este ano? Cinco agasallos tecnolóxicos cos que acertarás

regalos-nadal

O Nadal (ou os Reis Magos) están moito máis preto do que pensamos e, con eles, chega a hora de facer agasallos aos que máis queremos. Cando o receptor do noso agasallo é unha persoa que lle encanta a tecnoloxía, ás veces é complicado escoller o que lle podería gustar, xa sexa porque nos perdemos no mundo tecnolóxico ou porque hai tantas opcións que non sabemos cal escoller.

Hoxe queremos facer un pouco de Papá Noel tecnolóxico e recomendámosvos cinco agasallos de corte tecnolóxico que seguro gustarán aos máis “techies” da casa. Están pensados para todos os petos e tamén para todos os gustos.

Suscrición a Netflix, HBO, Filmin, Wuaki…

O vídeo baixo demanda aterrou en España no momento perfecto. Unha subscrición polo tempo que desexemos a algún dos servizos baixo demanda que existen pode ser o agasallo perfecto para esa persoa que lle encantan as películas e as series. E a baixo custo, xa que elixamos unha ou outra, non nos gastaremos máis de 12€

Un organizador de cables

cablesO teu afillado é deses que teñen todos os cables en caixas ou tirados pola mesa? A marca Skooba ten un pequeno maletín adaptado a organizar os cables dos nosos dispositivos. Xa non terá que ter o noso cable micro-USB tirado por aí!

 

BQ Zowi

bqzowiZowi é un mini robot que será o rei da casa para os máis pequenos. Baixo a aparencia dun xoguete normal, Zowi  ensina aos nenos como funciona a tecnoloxía mentres se divirten. Pódese controlar desde a aplicación e permite que os nenos aprendan rutinas de programación mentres xogan con el facendo que se mova por todos lados. Un agasallo tremendamente orixinal que non nos custará máis de 100€

Batería externa

bateriaCal é o problema da maioría de dispositivos? Que se lles acaba a batería. O agasallo perfecto para os que usan moito os seus dispositivos é esta batería AUKEY, que ten cinco portos USB para cargar todo o que queiramos á vez e, como característica principal, maximiza a compatibilidade de carga con teléfonos Android e Apple.

NES Mini

nesminiSe temos uns anos lembraremos con morriña a consola NES de Nintendo. Agora, por uns 60€ podemos regalar a consola da nosa nenez con 30 xogos orixinais preinstalados. E encima é dun cuarto de tamaño que a consola orixinal. 

Droni

droniQue mellor que regalar que o obxecto de moda? Un dron pode facer as delicias tanto dos máis pequenos como dos maiores da casa. Droni é un dron de iniciación de Imaginarium que é perfecto para regalar este nadal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.