O 29 de Xuño tes unha cita no Gaiás para o DataBeersGLZ

No mundo da tecnoloxía, cando comezamos a falar de datos e o seu tratamento, na maioría de ocasións acabámonos perdendo entre aplicacións, algoritmos e programas complexos que se utilizan no tratamento de grandes cantidades de datos. Con todo, o certo é que achegarnos ao mundo do tratamento de datos non é complicado, e para facelo existe DataBeersGLZ.

Un DataBeers é un evento dirixido ao gran público que ten como obxectivo alfabetizar dunha maneira accesible e amable. Todo iso nun ambiente moi distendido e cun ingrediente moi protagonista: a cervexa, a través da cal se crean relacións e interesantes conversacións

O DataBeersGLZ celebrarase o próximo 29 de xuño no Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) do Gaiás É un evento totalmente gratuíto que se fará na Sala Eisenman da Cidade da Cultura a partir das 19:30 horas. Como o aforamento é limitado, é necesario inscribirse a través da súa páxina web.

No evento deste ano, poderemos desfrutar de numerosos relatorios, entre os que nos atoparemos a a Andrés García-Rodeja, director do CEIN e recente gañador do Premio Traxectoria Profesional do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia cun relatorio que leva por título “Hai algún Data Scientist na sala?”. Tamén estará Celia López, responsable de produto en proxectos de intelixencia de negocio, e Fernando Branco, responsable de desenvolvemento de front-end e visualización avanzada de información en DXC Technology, falarán sobre “O Shu, o Ha e o Ri”.

A continuación David Losada, Profesor Titular de Universidade e Investigador Senior asociado ao CiTIUS (Universidade de Santiago de Compostela), expoñerá os seus traballos sobre “Minería de Textos para a Detección Temperá de Riscos: o Caso da Depresión”, e por último, Elias Castro González, xefe de proxectos Business Intelligence na área de Analytics para Sanidade de DXC Technology, pechará a edición de DataBeersGLZ con chárlaa  “Datos que salvan vidas. O medicamento do futuro”.

Recorda, o próximo 29 de xuño no Gaiás tes unha cita co marabilloso mundo da análise e xestión de datos. A DataBeersGLZ é gratuíta, pero tes que inscribirte a través desta páxina web.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.