Os mellores trebellos para aficionados aos videoxogos que verás nos próximos meses

A semana pasada celebrouse na cidade de Las Vegas o CES 2017, a feira tecnolóxica máis grande do mundo onde todas as grandes marcas presentan os produtos que van lanzar nos últimos meses.

Este ano houbo, como o ano pasado, moitas novidades pero o que máis destacou foi o destinado ao “gaming”. O mundo dos aficionados aos videoxogos recibiu gran cantidade de trebellos. Ensinámosvos os máis interesantes (e tamén máis curiosos)

Memoria RAM sincronizada por infravermellos

 

Dos poucos compoñentes do  PC que case se libraban da personalización con luces tiñamos ás memorias RAM. Non moitos fabricantes atrevíanse con esta opción pero cada vez son máis.  HyperX, a división de xogos de  Kingston, presentou en Las Vegas unha nova memoria  HyperX  predator  DDR4  RGB. A novidade destes módulos é que son os primeiros que inclúen tecnoloxía de infravermellos para  sincronización entre módulos, de maneira que se potencie a iluminación  RGB dos mesmos.

Alfombriña de rato con carga sen fíos

Que ocorrere cando temos un rato inalámbrico? Que se lle acaban as pilas.  Corsair e  Logitech queren acabar con este problema coas  alfombriñas con cargasen fíos. Estas  alfombriñas, con textura que facilita o movemento do rato, son compatibles co estándar de carga  Qi, polo que calquera  gadget que conte con esa posibilidade pode ser cargado directamente sobre ela.

 

Taboleiro de xogo e teclado con protección  AES de 128  bits

 

Corsair non quere que xogues desprotexido nin tampouco sobre unha mesa. A combinación do teclado  K63  Wireless co taboleiro do mesmo nome ofrecen ao xogador dous valores non moi comúns no mercado. No caso do teclado, de tipo mecánico, inclúe cifrado  AES de 128  bits para evitar que haxa  intercepciones inalámbricas do mesmo.

Router que da prioridade á túa consola

Que o  Linksys sexa un  router AC3200 de aparencia potente, bo software de xestión, potente procesador e ben dotado de portos, non é o máis importante para un  gamer. Este novo  router  Linksys  WRT32 XB poderá facer gozar da súa consola  Xbox  One a quen o integre a súa rede de casa porque grazas á tecnoloxía de  Rivet  Networks, priorizar o  trafico proveniente da consola de Microsoft, podendo reducir o  ping nun 65% segundo datos do fabricante.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.