Plantar árbores con drons pode ser o futuro da reforestación dos montes

Cambio climático, incendios, tallas indiscriminadas… moitos os ataques que reciben os bosques de todo o noso planeta e, mentres se tenta loitar contra estas agresións, a reforestación é unha das solucións que se están levando a cabo. A esta solución saíulle un novo aliado moi potente: os drons.

En que consiste esta alianza? Pois é algo que se está levando a cabo en Reino Unido co que se consegue, coa axuda de drons, plantar árbores a un ritmo de 100.000 unidades á hora.

E é que o traballo de plantar árbores a man é lento e custoso, polo que utilizar os drons para esta tarefa pode ser unha solución para que a reforestación sexa moito máis eficiente. Este sistema baséase en dous drons, un estuda a superficie para atopar a maneira máis eficiente de plantación, mentres o segundo dron está cargado de sementes que vai plantando segundo o patrón deseñado e estudado polo primeiro.

Outra das vantaxes do novo sistema é que o dron pode cargar e sementar múltiples especies de sementes ao mesmo tempo, ademais de que pode plantar en arranxos e patróns deseñados especificamente para cada tipo de superficie segundo sexa, por exemplo, máis montañosa e requira unha distribución diferente.

A esta nova técnica chámaselle “silvicultura de precisión” e segundo a empresa que o está facendo realidade en Reino Unido, o custo de utilización da frota de drons é ata 10 veces máis rápido e costa só un 20% do habitual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.