Sabes o que é o Efecto 2038?

Hai máis de dúas décadas, os programadores de todo o mundo enfrontábanse a un problema lóxico cos sistemas informáticos: o efecto 2000. O feito de que moitas datas tivesen o ano programado unicamente con dous díxitos causaba o problema que, ao chegar ao ano 2000, os sistemas cresen que estaban no ano 1900 e se desconfiguraran por completo.

Afortunadamente, o efecto 2000 non causou grandes estragos, pero nos próximos anos poderiamos enfrontarnos a un similar e algo máis complexo: o efecto 2038. Que é este efecto e por que se produce? Explicámolo.

Que significa 2038?

Segundo o tipo de sistema informático, cada un ten unha capacidade máxima de cálculo. Moitos dos que utilizamos agora son sistemas de 32 bits, os cales só poden executar procesos utilizando 32 díxitos binarios, que equivalen a 4.294.967.296 combinacións posibles, algo menos da metade se temos en conta que tamén hai números negativos.

Que ocorre con ese número? Pois que como só calcúlanse 2.147.483.647 de valores positivos, os sistemas poden ter un problema cando cheguen a esa cifra. E esa cifra chegará o 19 de xaneiro de 2038, cando os sistemas POSIX (os que utilizan Linux e Android) cheguen ao límite de calendario ao non ter máis cifras para contar. Debido a isto, os sistemas de 32 bits crerán ese día que están en 1901.

Vai ser realmente un problema?

Hai probabilidades de que o sexa, pero son mínimas. E é que quedan moitos anos para o 2038 e, como o problema xa se detectou, a maioría de sistemas están a ser corrixidos. Ademais, é de esperar que a inmensa maioría de sistemas de 32 bits sexan substituídos por sistemas de maior cálculo como xa está a ser agora cos de 64 bits.

Aínda así, é posible que sistemas moi críticos non poidan ser actualizados e teñan que ser arranxados in extremis cando chegue a data. Saberémolo en máis de dúas décadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.