Sabes o que é un CPD?

Algunha vez te preguntaches onde se gardan os teus datos en rede? Tiveches curiosidade por saber onde están almacenadas a aplicacións que consomes no teu smartphone?

É posible que esta pregunta pasase algún nalgún momento pola túa cabeza, e incluso que chegases a pensar que tal cantidade de datos so se podía almacenar nun lugar con moitos, moitos, moitos discos duros. Eses lugares son os CPD.

Un CPD ou Centro de Proceso de datos é unha sala de tamaño considerable onde se concentran os recursos necesarios para o proceso de toda a información dunha organización.

Para qué serve un CPD?

Dentro dunha organización, o CPD cumpre diversas función como a explotación de sistemas de aplicaciónns. Son, tamén, a base do Cloud Computing ou computación na nube, xa que os CPD fan posible que a “nube” exista en realidade nalgún lugar.

Así, por exemplo, facemos posible que moitas persoas poidan descargar a un mesmo tempo unha información que está almacenada de maneira remota. Por exemplo, cando sae unha actualización para o teu teléfono, os ordenadores e teléfonos conéctanse cos servidores dos fabricantes para poder descargar eses datos independentemente do número de peticións que haxa para a súa descarga.

Outro uso que podemos facer dun CPD é a consulta dende calquera ordenador dunha organización de datos da mesma organización. Por exemplo, tes dispoñible a información do Diario Oficial de Galicia as 24 horas os 365 días do ano desde que se eliminou a edición en papel e a súa versión electrónica está nun CPD moi especial, do que vos falaremos ao longo da semana..

Ligazóns de interese sobre o CPD

Se queres ampliar información…

1 comentario

  1. Pingback: Visita el CPD de Google por dentro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.