Superando a ciencia ficción: hai un coche dirección a Marte e pódese ver cun telescopio

Se temos que pensar nun ídolo actual no mundo da tecnoloxía uno dos nomes que sen dúbida sairía sería  Elon  Musk. O fundador de  PayPal e millonario de profesión leva tempo namorando aos amantes da tecnoloxía. Primeiro cos seus coches eléctricos Tesla e agora coas súas incursións na carreira espacial.

Space X é a empresa que lidera Elon Musk e que ten como obxectivo adiantar a viaxe espacial turística. A última acción da empresa foi dobre: por unha banda enviou un foguete cuxos propulsores aterraron de volta intactos e, polo outro, puxeron un coche na órbita de Marte. Si. Un coche.

O escollido foi un  Tesla Roadster e, a ritmo da canción ‘Life  of  Mars’ de David Bowie, puidemos ver en directo como o coche saía do foguete e íase afastando da Terra cun maniquí vestido de  astronauta como único acompañante do deportivo vermello.

Aínda que o impactante foi ver o coche en órbita da Terra, o certo é que o importante do lanzamento de  Space X foi a volta e aterraxe dos dous propulsores. Nos lanzamentos de foguetes ao espazo adóitase perder moito diñeiro ao perderse a maioría dos compoñentes que se lanzan, pero a compañía de  Elon  Musk conseguiu que uns deles, os propulsores, volvan intactos e póidanse reutilizar. Ver a perfecta aterraxe é pura poesía aeroespacial.

Que será o próximo?  Segundo Space X o seu seguinte obxectivo é recuperar tamén a parte central e conseguir, desta maneira, aforrar millóns nos lanzamentos xa que todas as partes pódense reutilizar no seguinte lanzamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.