Tecnoloxía do futuro presente: así serán os novos discos de vinilo

Aínda que vivimos no mundo dixital, moito do noso día a día segue sendo analóxico, sobre todo se somos dos que nos gusta a música e seguimos adquirindo discos de vinilo para escoitar os últimos éxitos.

Moitas veces díxose que o vinilo está morto, pero é unha tecnoloxía que se nega a desaparecer e aínda se resistirá máis se se populariza o novo que está por chegar. Unha compañía austríaca chamada Rebeat desenvolveu unha tecnoloxía que, ao parecer, permite fabricar discos de vinilo cunha calidade superior aos que ofrecen os vinilos actuais e aumenta o tempo de reprodución un 30%, permitindo chegar aos 30 minutos por cara fronte aos 25 habituais.

Segundo a empresa, este novo sistema pode ser lido por calquera tocadiscos actual, sen necesidade de requirir diferentes agullas nin diferentes pratos.

Como funcionan?

Segun a empresa austríaca, o segredo estaría no molde co que se fabrican os discos, utilizando moldes de cerámica no canto dos de níquel tradicionais. Ao ser a cerámica máis dura que o níquel, son capaces de facer surcos máis precisos, reducindo a distancia entre surcos contiguos e, polo tanto, a duración e a calidade do audio que transmiten.

Ao parecer todo o segredo estaría na precisión coa que se gravan os surcos e, segundo os expertos, Rebeat podería mellorar tal e como di a tecnoloxía. Iso si, haberá primeiro que escoitalos antes de ofrecer calquera veredicto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.