Tecnoloxía do futuro presente: as chaquetas intelixentes xa están aquí

As grandes empresas de tecnoloxía están empeñadas no mundo dos wearables, un mundo que o único que busca é que no canto de ter que levar a tecnoloxía nos nosos petos ou a nosa boneca, levémola posta nas nosas pezas de roupa.

 

Unha das últimas apostas vén por parte de Google. O xigante tecnolóxico aliouse coa marca de roupa Levi’s para presentar unha chaqueta intelixente. Esta chaqueta, cuxo nome en proxecto é Jacquard, xa está máis que lista e vai saír á venda en novembro.

 

Que fai Jacquard? Pois baixo a aparencia dunha chaqueta vaqueira existen unha serie de fíos conductivos que o que fai é conseguir que a peza sexa algo similar a unha superficie táctil. Segundo Google e Levi’s, con esta peza vai poder contestar o teléfono móbil, se levamos un mans libres, tocando simplemente a nosa manga. Da mesma maneira, se estamos a escoitar música cuns auriculares, un simple xesto na chaqueta valería para cambiar de canción.

The Commutter (así se chamará finalmente) vai poñerse á venda o próximo outono, tendo un prezo de 350€ e con, ao parecer, esas únicas especificacións como punto de partida. A algúns lles pode parecer un prezo algo caro, pero o certo é que sabendo a tecnoloxía que leva encima, pode ser un primeiro paso para o que pode vir no mundo dos wearables.

O vídeo de presentación non ten desperdicio. Non sabemos se convencerán a moitos para gastarse ese diñeiro nunha camisa que só cambia de canción o noso teléfono móbil, pero o certo é que, como di Levi’s, permite facelo con moito máis estilo que cun simple mans libres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.