Tecnoloxía do futuro presente: unha nova cámara para facer Raios X sen eles

Aínda que ás veces creamos que a tecnoloxía só está para crearnos necesidades, o certo é que en realidade os avances tecnolóxicos están para mellorar a nosa vida facendo máis sinxelo noso día a día. O feito protagonista de hoxe é un deses, xa que un grupo de científicos escoceses está a traballar nunha cámara que pode ver a través do noso corpo sen necesidade de Raios X.

Como pode ser iso? Pois grazas a unha acción moi específica. E é que esta nova cámara é capaz de detectar os puntos de luz que xeran os endoscopios e, desta maneira, saber en que posición están.

Os endoscopios son unhas ferramentas que se utilizan en medicina para poder ver dentro do noso corpo, xa que son cables moi longos que teñen incorporado unha cámara no comezo. O problema con estes aparellos é que para saber a súa posición exacta era necesario facer unha radiografía de Raios X mentres o paciente tiña o instrumento no sistema, algo bastante complexo xa que facer unha radiografía require grandes aparellos e protección contra a radiación.

O prototipo que estiveron utilizando ata agora pode rastrexar luz a través de ata 20 centímetros de tecido corporal. Isto permítelle ver practicamente en tempo real a localización exacta do endoscopio e calquera outra ferramenta luminosa. Ademais, foi deseñado para que poida ser utilizado mentres o paciente está na cama para crear as mínimas molestias posibles.

Por tanto, os científicos responsables desta cámara xa están a pensar en que outras aplicacións pode ter o poder ver a través do noso corpo para ver puntos luminosos. Ademais, tamén se mostran convencidos de que poderán seguir creando solucións para os problemas aos que se enfronta o sector da saúde.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.