Tellados solares, así é a nova idea revolucionaria de Tesla

Cando falamos de Tesla, a moitos se lle irá a cabeza ao soado científico que fixo grandes descubrimentos no mundo da electrónica e a física (entre outras materias), pero nas noticias o nome de Tesla relaciónase máis coa empresa homónima, presidida polo multimillonario Elon Musk e que quere cambiar o mundo a través da tecnoloxía.

Á parte dos coches autónomos (dos que xa falamos aquí), Tesla ten outro plan para revolucionar o mundo: tellados solares para casas. Un tipo de recubrimento que substituiría ás tellas de toda a vida e proporcionaríanos, ademais de acubillo, un almacenamento de enerxía que se podería aproveitar como un quixese.

Como funciona o tellado solar de Tesla?

A resposta sinxela sería: como un tellado normal que ten placas solares encima. Pero se profundamos un pouco máis no tema, Tesla está a producir uns paneis solares o suficientemente resistentes e duradeiros que son capaces de instalarse coma se un tellado fóra. O deseño de cada “tella” emula ao dos tellados habituais, só que estas tellas son capaces de recoller a enerxía solar e transformala e almacenala para o seu posterior uso.

Canto custará?

Segundo a compañía, instalar un tellado deste tipo custará practicamente o mesmo que un tellado normal. O produto, que xa se pode reservar para poder telo en 2018, custando o tellado uns 420€ por metro cadrado. Este prezo incluiría a batería necesaria para almacenar a enerxía, as tellas con paneis solares e as tellas adxacentes, xa que segundo parece o modelo de tellado só terá un 40% de tellas solares, sendo o resto tezas normais pero co mesmo deseño.

Como se pode ver na imaxe, o tellado emulará ao estilo de tellado habitual que se ve en moitas casas, polo que non haberá ningún tipo de problema estético ao instalalo.

Cando estará dispoñible?

As reservas do tellado poden facerse xa dende a súa páxina web e, segundo a empresa, comezará a recibirse este mesmo ano en Estados Unidos e a partir do 2018 no resto do mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.