A Universidade de A Coruña lanza un portal para buscar a participación estudantil no campus

Grazas a Internet podemos facer moitas cousas, pero quizais una das máis interesantes é a posibilidade de que todo o mundo poida participar. Casos de participación grazas á rede son a Wikipedia ou a economía colaborativa, da que falamos hai uns días.

A Universidade da Coruña púxose ao choio para buscar a participación da comunidade universitaria e lanzou esta semana o seu novo portal de participación chamado UDC Decide.

Como é o seu funcionamento? É simple e á vez moi interesante: todo membro da comunidade universitaria da UDC poderá crear e apoiar novas propostas relacionadas coa o vida universitaria. Se unha das propostas enviadas a través do portal chega a un número definido de votos, esta será estudada por un grupo de traballo que decidirá se se pode levar a cabo ou non.

A plataforma, que está por agora en probas, estará aberta tamén a toda a cidadanía, aínda que só poderán crear e apoiar propostas os membros da comunidade universitaria, e asean estudantes, investigadores, profesores ou persoal da universidade.

Con menos de dous días de vida, a plataforma xa ten unha proposta enviada sobre o lugar de adestramento do equipo de fútbol gaélico Fillos de Breogán, pero é esperable que co paso dos días máis e máis membros da comunidade universitaria da UDC anímense a enviar as súas propostas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.