Xa está aberta a inscrición á II Edición do programa Connecting for Good Galicia

Emprender non é unha tarefa sinxela, pero cando se consegue levar unha idea cara ao éxito non hai sensación máis gratificante. Se hai unhas semanas coñeciamos aos gañadores da primeira edición do programa Vodafone Connecting for Good Galicia, hoxe podemos anunciar que xa está aberta a inscrición para a segunda edición deste programa dedicado a emprendedores.

O Programa Connecting for Good Galicia é un programa que está dirixido a emprendedores e pemes de recente creación e que teñen un proxecto que contribúa á innovación social dalgunha maneira. É dicir, que resolvan algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou calquera dos ámbitos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020. O obxectivo principal do programa é axudar a eses proxectos a que leven a cabo no mundo real tendo as maiores garantías de éxito posible.

Nesta nova convocatoria seleccionaranse ata seis iniciativas, as cales contarán cun patrocinio de 2.000€ ofrecido pola Xunta e diferentes axudas concedidas pola Fundación Vodafone para a contratación de persoas con algún tipo de discapacidade. Ademais, a Xunta de Galicia concederá un premio de 25.000€ ao mellor proxecto e a Fundación Vodafone patrocina con 10.000€ o  premio “Conectados pola Accesibilidade”, que llo levará o mellor proxecto que aplique os principios de accesibilidade universal.

Participar nesta segunda edición do programa é moi sinxelo: é necesario inscribir o proxecto a través da web da Fundación Vodafone, cubrindo o formulario proporcionado. O prazo de inscrición dura ata o 2 de xullo. Se necesitas máis información, podes acceder ás bases do programa na mesma páxina web da fundación.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.