Xa podes inscribirte na nova convocatoria de certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou hoxe 180 prazas para conseguir o certificado galego de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Este certificado, que é de acceso libre, acredita á persoa na formación no paquete ofimático LibreOffice e sirve para presentar ante calquera institución, xa sexa pública ou privada.

Hoxe xoves ábrese o prazo de inscrición para poder participar o curso preparatorio para o CODIX que terá lugar entre o 4 de setembro e o 26 de novembro. O curso realizarase na modalidade de teleformación con titorías de apoio e servirá de preparación para o exame que se fará tamén no mes de novembro. Para poder inscribirse, só hai que ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario na rede CeMIT.

Unha vez rematado o prazo de inscrición (non estou segura de que sexa aos cinco días), publicarase na páxina web da rede CeMIT unha lista cos 180 aceptados máis unha relación coas persoas seleccionadas como reserva.

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

A inscrición hai que facela a través da páxina web da rede CeMIT a partir de mañá xoves, tal e como recolle a publicación da convocatoria de hoxe do DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.