Xa te inscribiches na II edición da Connecting for Good Galicia? Aínda estás a tempo!

Cando temos unha idea para un proxecto, é necesario pasar por unha serie de fases case obrigatorias para levar esa idea a cabo. As máis críticas adoitan estar relacionadas co financiamento e a maneira de dar a coñecer a nosa idea ou proxecto ao público potencial.

Para axudar aos emprendedores e pequenas empresas na viaxe de conseguir que teña éxito unha idea, da man da Xunta de Galicia e a Fundación Vodafone naceu o programa Connecting for Good Galicia. Este programa, do que xa vos falamos con motivo da súa primeira edición, ten en marcha a súa segunda edición e se temos unha idea temos que darnos présa para inscribirnos, xa que o prazo termina o 2 de xullo.

En que consiste Connecting for Good Galicia? É un programa que busca promover ideas de emprendedores e pequenas e medianas empresas a través de axudas e financiamento. Nesta nova edición seleccionaranse seis ideas, as cales terán desde o comezo un patrocinio de 2.000? ofrecido pola Xunta, ademais de diferentes sesións de coaching e formación onde os creadores do proxecto poderán aprender as claves para levar o seu proxecto ao éxito. Na primeira edición, os proxectos seleccionados aproveitaron ao máximo estas sesións, así foi a súa experiencia:

Ademais, a Xunta de Galicia premiará con 25.000€ ao mellor proxecto e a Fundación Vodafone fará o propio cun premio de 10.000€ ao proxecto que aplique da mellor maneira os principios de accesibilidade universal.

Para inscribirse nesta segunda edición é necesario facelo a través da web da Fundación Vodafone. O prazo é ata o 2 de xullo. Date présa porque se acaba o tempo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.