Xornadas sobre menores e o uso seguro das redes sociais

Santiago de Compostela, Coruña e Ourense acollen dende hoxe ata o xoves 20 as xornadas sobre o uso seguro das redes sociais entre os menores que organiza o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

As redes sociais teñen hoxe en día un enorme potencial, se ben tamén implican novos riscos e novas oportunidades que precisan de análise e estudo. Conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), o grooming (acoso entre un adulto e un menor), o sexting (envío de fotografías sexuais) empezan a ser de uso corrente, polo que o CPTEIG, en colaboración coa Amtega, tratan de ofrecer ferramentas a pais, nais e profesores para axudarlles aos nenos a navegar nunha internet máis segura. Se che interesa o tema, tes unha cita en:

  • Santiago (18/06 18:00h, Centro Demostrador TIC) 
  • A Coruña (19/06 18:00h, salón de actos de la Fundación Paideia)
  • Ourense (20/06 17:30h, Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia)

Tes toda a información nesta noticia da web do IMIT

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.