26 centros máis para ‘E-DIXGAL’

ebook

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a resolución provisional pola que se incorporan novos centros ao proxecto de libro dixital E-DIXGAL. A iniciativa forma parte do Proxecto Abalar cuxo obxectivo é a integración das TIC no ensino. Prevese que neste curso (2015-2016) os materiais dixitais, gratuítos para as familias, cheguen a 6.000 alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º da ESO.

Incorporaranse á iniciativa un total de 26 centros, 13 de educación primaria e 13 de educación secundaria. O número total de centros participantes no proxecto é xa de 110.

E-DIXGAL

Os contidos didácticos están publicados nunha plataforma de aprendizaxe virtual á que os alumnos poden acceder online e offline. Pódese acceder a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias; contidos elaborados pola Xunta e material elaborado polos propios docentes dos centros educativos. Nesta plataforma, os centros que o desexen poderán analizar unha mostra dos novos contidos dispoñibles para este curso.

O curso pasado xa se beneficiaron destes materiais un total de 2.300 estudantes de 5º e 6º de primaria de 84 centros educativos galegos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.