45.000 horas de formación da Rede CeMIT no 2016

cemitfisterra

Aula CeMIT de Fisterra. Foto: quepasanacosta.com

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) colaborarán para garantir que a capacitación dixital chegue a todos os galegos no 2016 a través da Rede CeMIT. O obxectivo é reducir a primeira fenda dixital, a do acceso ás TIC, e a segunda fenda dixital, a das habilidades dixitais, ofrecendo unha aprendizaxe permanente que contribúa á mellora da empregabilidade.

A Amtega achegará aos concellos, a través da Fegamp, máis de 780.000 € para a realización de actividades en materia de inclusión dixital. O orzamento distribuirase atendendo a criterios de actividade das aulas e da poboación do concello.

Unha das novidades para este ano é a posibilidade de dispor dunha listaxe de aulas de reserva para que cando unha aula de referencia sexa baixa por vontade propia ou incumplimento dos criterios establecidos, un aula de reserva poida pasar a ser aula de referencia.

Os obxectivos para o 2016

O obxectivo da Rede CeMIT é impartir 45.000 horas de formación dixital gratuíta e acadar os 56.000 usuarios rexistrados.

Ademais das actividades e cursos, este ano estrearase unha web de inclusión dixital que incluirá servizos, proxectos, iniciativas e actividades desenvolvidas pola Xunta neste eido. Tamén contará cun mapa de e-inclusión no que localizar os recursos dispoñibles en Galicia no ámbito dixital.

Por outra banda repetiranse iniciativas como CEMIT-Innova, para o fomento da innovación social dixital en Galicia, e ampliarase o alcance do Banco de tempo, iniciativa para intercambiar e compartir horas de formación entre centros a través de videoconferencia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.