5 claves para xerar interacción en redes sociais

engagement

Na guía práctica da semana pasada indicabámosvos cales son os primeiros pasos que debedes dar en redes sociais. Xa tedes imaxe de marca, lista de temas, contidos creados, etc., e non conseguides interacción? Dámosvos 5 pistas.

  • Público. É fundamental ter claro a quen nos diriximos. Cando creamos un anuncio en Facebook para promocionar a páxina ou unha publicación, por exemplo, paga a pena investir uns minutos para segmentar o público ao que nos diriximos, para definir ubicación e intereses dos nosos potenciais clientes. De que nos serven 10.000 seguidores de toda España se temos unha tenda que só vende en Vigo?
  • Contidos útiles. Xa sei que vendes e a que prezo. Nas redes sociais quero información sobre os teus produtos, titoriais, un vídeo explicativo da montaxe ou o uso do produto, etc. A orixinalidade xera interacción e visibilidade.
  • Contar historias. Non só vendemos este produto e ofrecemos estes servizos. Seguro que a empresa ten unha historia que contar e que podemos compartir moitas cousas sobre o sitio no que traballamos. Podemos presentar aos traballadores (como é o seu día a día na empresa) ou incluso convidar aos seguidores a que compartan as súas historias (relacionadas ca nosa marca) con nós.
  • As emocións. Se conseguimos emocionar á nosa audiencia temos boa parte do camiño andado. Podemos conseguilo compartindo historias, recordos do pasado cos que se sintan identificados, etc.
  • Social proof. Interacción que chama a interacción. É obvio pero se un contido funciona, se vemos que ten comentarios e que se comparte, é máis doado que o compartamos. Por iso paga a pena investir un pouco en promocionar un contido que nos interese en Facebook, por exemplo. Facer un anuncio cunha publicación consegue máis gústames e compartidos do habitual, chega a máis usuarios que poden compartila se lles parece interesante.

2 comentarios

  1. Dorinda Fernández Fernández

    Aún no tengo página, pero me gustan estas publicaciones. Estoy interesada en que me informen. Un saludo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.