A historia de Santa Comba na rede. Unha experiencia de Voluntariado Dixital

Velaquí un estupendo exemplo de voluntariado dixital: que ocorre cando máis de catrocentos veciños dunha localidade se unen para amosar o seu pasado?

Pois isto é o que podedes ver en www.santacombanamemoria.es, unha web para o recordo e repaso da historia do século XX do municipio xalleiro, narrada a través das máis de 5000 fotografías que achegaron os veciños e empresas da comarca.

voluntariado_Luis_VarelaAs achegas dos veciños precisaron do traballo de escaneado e clasificado dun equipo de persoas liderado por José Luis Varela Martínez, que se encargou de darlle forma á web e dotar de contidos ese espazo en liña.

O propio José Luis Varela Martínez, administrador e deseñador da web, e voluntario do programa cóntanos un pouco sobre a experiencia, nesta entrevista que che achegamos hoxe en Xente Dixital.

Como nace esta iniciativa?

A iniciativa xurdíu nunha reunión da Amtega e o Voldix. A axente de emprego de Santa Comba comentoume que tiñan moitas fotos antigas eu propunxelle o de facer a web. Logo desto quedei con José María Suárez que é a persoa que recompilou as imaxes, a partir deste momento creei a paxina, contratei o Hosting e merquei o dominio, optimizei as imaxes e agregeille o contido.

Ademais, creei a parte de Flora e Fauna de Santa Comba, da que ainda me falta agregar as imaxes (teño pouco tempo). Para a parte de Micoloxía pedinlle a colaboración a Álvaro Antelo, para que nos facilitase o seu traballo sobre a análise das augas e fontes de Santa Comba e agora estamos a ver se agregamos os vídeos antigos que hay no concello, unha guia de empresas, monumentos e igrexas… Traballo queda, so fai falla algo máis de colaboración.

Que acollida tivo esta web na comarca?

Creo que bastante boa! Temos unha media de 200 visitas diarias e picos de case 2000 por día, cunhas 20 páxinas por usuario e un tempo medio de 12 minutos de estancia e unha taxa rebote de só 15% (isto é, os que entran á páxina e saen ao momento)

Temos visitas de todas as partes do mundo, Lóxicamente as visitas proceden principalmente de España, pero son habituais visitas dende países como Brasil, Arxentina, Suiza, Alemania, Holanda, EEUU, México, Uruguay e outros como China e Xapón, pero temos tido visitas de todas as partes do mundo: dende Kazakhstan a Nova Zelandia!

Que supón ser un voluntario dixital?

É unha forma de axudar aos demais a que coñezan as novas tecnoloxías e poidas asesoralos, dado que moitas organizacións do terceiro sector estan un pouco fóra das oportundades que a tecnoloxía lles ofrece. O labor dun voluntario é asesorar, apoiar e involucrar a que todos coñezamos as ventaxes que as novas tecnoloxías nos ofrecen. Desde logo é algo que custa un pouco… sobre todo porque adicas tempo e algunhas veces ata perdes cartos, pero vese recompensado. So un agradecemento sincero dos usuarios compensa todo o tempo que adicas a esto.

Como colaboraron os voluntarios dixitais nesta actividade?

No meu caso fun eu só o que participei. Desde contratar  o hosting, comprar o dominio e facer a web e optimizar as imaxes, parte do traballo xa o fixeran no Concello de Santa Comba.

Algunha anécdota destacable?

Foime moi grato ver a vida de Santa Comba dende comezos do século XX ata hoxe, se ben a as imaxes do primeiro equipo do Xallas (sen federar) ou algunhas das fotografías dos emigrantes deixan pegada.

De que maneira pode un colaborar como voluntario dixital?

Maneiras hai moitas! O importante é estar en contacto coa xente que move estas iniciativas:  a Amtega, o Voldix e o Voluntariado Galego, entre outras. Pero tendo ganas, poden facerse moitas cousas.

Recomendaríasllo aos demáis?

Dende logo. É unha experiencia enriquecedora, coñeces moita xente, e ves o mundo desde outro punto de vista, sobre todo nos tempos que corren, é moi importante a colaboración entre todos para saír desta. Aprendes moitas cousas, sobre todo cando che comentan cousas que descoñecías e te pós a investigar, e creo que case todo se pode facer.
Santa Comba na memoria (non deixedes de visitala!) quere ser unha páxina web viva, que se nutra das achegas dos vecinos xalleiros, e manter vivo ese espíritu que transformou en dixital un vello proxecto do Concello.

1 comentario

  1. Pingback: Cuando el Voluntariado se vuelve Digital. Más allá del entorno analógico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.