Actividades no Cdtic que terán lugar antes de rematar maio

O Centro Demostrador TIC non diminúe a súa actividade. Velaquí van tres cursos de Odoo que serán moi útiles para empresas e que se desenvolverán antes de rematar maio.

O contorno actual, cada vez máis competitivo e variable, obriga a adoptar solucións cada vez máis avanzadas e dotar os clientes das mellores ferramentas para situarnos un paso por diante da competencia.

cdtic

Odoo e o desenvolvemento baixo licenzas de código aberto permiten afrontar esta realidade con custos realmente baixos, poñendo ao alcance das pemes recursos que doutra maneira só estarían a disposición de grandes corporacións.

Como optimizar a produción e a loxística con Odoo (Vigo)

  • Presentación práctica dos novos módulos de Odoo para a xestión avanzada dos almacéns e a produción.
  • Explicación do funcionamento básico e da configuración de OdooMRP.
  • Exposición dun caso de produción e configuración inicial do proceso produtivo.
  • Realización dun exercicio práctico.

 

Xestión práctica das vendas dunha empresa comercial: Odoo vendas (Ourense)

  • Presentación práctica dos módulos de Odoo para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha empresa de compra-venda de produtos.
  • Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: vendas (backoffice, TPV, e-commerce), almacén, compras, contabilidade.
  • Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística.
  • Realización dun exercicio práctico.

 

Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo (Coruña)

  • Presentación. Odoo e o desenvolvemento Open Source
  • Odoo a vista de paxaro. Unha ferramenta multiusos
  • Demostración práctica da adaptación de Odoo a empresas de distribución alimentaria
  • Flexibilidade para adaptarse a distintas necesidades
  • Vendas e política de prezos
  • Venda en mobilidade. App para Android
  • Rutas de distribución. Integracións e reparticións
  • Xestión avanzada de almacén (SGA). Picking, almacenaxe, recepción, etiquetaxe, integración con pistola lectora CdB, control de operacións, tempos, etc.
  • Posibilidade de venda B2B

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.