As redes sociais como servizo de atención ao cliente

Foto Online Business School

Foto Online Business School

Sempre que vos falamos de xestionar as redes sociais da vosa empresa, incidimos na importancia de usalas como servizo de atención ao cliente. É moi importante responder o antes posible á xente que nos formula unha dúbida ou nos fai unha crítica.

Segundo un estudo da Universidade de Social Media Marketing (SMMU), menos da metade das empresas contan cunha estratexia efectiva para facer fronte a unha crítica ou a un comentario despectivo. O 25% recoñece que carece desta estratexia e que non ten plans para desenvolvela.

Por outra banda, o 52% responde aos seus clientes no mesmo día. Sen embargo, estes agardan unha resposta efectiva no prazo máximo dunha hora, algo que só conseguen o 17,6% das empresas.

O caso de Twitter

Coller o smartphone para deixar unha queixa no Twitter ou no Facebook dunha empresa estase a converter nunha práctica habitual. Como reaccionan as empresas aos comentarios dos seus clientes en Twitter?

BDRC Continental fixo un estudo para coñecer rapidez, calidade e ratio de resposta das marcas. Descubriron, por exemplo, que algunhas das marcas tardaron ata 19 horas en responder. As empresas que mellor nota sacaron tardaron 1 hora en responder pero segue sen ser un bo dato, por exemplo, para empresas de transporte.

Quen o fai mellor? Curiosamente, os que responden máis rápido e a case todas as mensaxes son os bancos e os supermercados.

Ofrecer un bo servizo de atención ao cliente en redes sociais non é só unha obriga. É a oportunidade de gañar prestixio na rede e de detectar necesidades e oportunidades para a empresa.

Fonte: PuroMarketing.

1 comentario

  1. Pingback: 7 erros a evitar en redes sociais - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.