Axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais

A Xunta de Galicia aprobou a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais. A tal efecto, o orzamento da Xunta contará con 3,4 millóns de euros ata 2018 e estímase que se mobilicen en total máis de 5,2 millóns de euros.

bandalargaA día de hoxe, dos 164 polígonos industriais de Galicia, só 46 teñen xa acceso a redes de 100 megas e outros tres teñen previsto telos. Neste senso, a medida aprobada a semana pasada oriéntase cara aos 115 restantes.

O obxectivo último destas axudas é que o 90% da superficie empresarial ocupada en Galicia poida ter acceso a redes de 100 megas en ano e medio.

Primeiros pasos

Ao longo deste ano 2016, as redes de 100 megas chegarán a 13 novos polígonos, a outros 22 en 2017 e, finalmente, a 15 máis en 2018, chegando así aos 50 que a Xunta se marcou como obxectivo mínimo.

Non so redes para polígonos industriais

Os beneficios deste Plan de Banda Larga 2020 non se limitarán só aos polígonos. De feito, o Goberno galego aspira a que, a finais da década, toda a poboación teña acceso a redes de 30 megas; e que seis de cada dez galegos dispoña de redes de 100 megas.

+ info sobre o Plan de Banda Larga en Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.