Cal destes vídeos representa mellor o futuro tecnolóxico de Galicia?

ConcursoCurtas_AxendaDixital

Ata mañá podedes votar no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. No Facebook da Amtega, no apartado de vídeos, tedes que votar polo vídeo que consideredes que mellor representa o futuro tecnolóxico de Galicia. Os vídeos gañadores serán os dos que máis “gústames” obteñan.

Lembrade que a iniciativa estaba dirixida a mozos e mozas de ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos, e que forma parte do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020.

Ao concurso presentáronse un total de 44 curtas de 16 centros educativos das catro provincias galegas. O obxectivo era crear un vídeo de non máis de 3 minutos no que relatar como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro.

Antes de chegar ao Facebook da Amtega, os vídeos foron valorados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías formado por 2 representantes da Amtega, 1 representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e 1 profesor de ESO/Bacharelato. O premio consistirá nunha tablet para cada almuno responsable do vídeo máis votado e unha minitablet para cada un dos alumnos que participaron na elaboración do segundo vídeo máis votado. Os vídeos gañadores publicarémolos en Xente Dixital e publicaranse no Facebook da Amtega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.