Como vai gañar diñeiro Whatsapp? Aquí tes unha pista

Cando Whatsapp comezou fai uns cuantos anos, a aplicación só estaba dispoñible para iOS (iPhone) e custaba descargala 0,99€. Meses máis tarde, a aplicación saíu para Android e esta era completamente gratis, polo que os que a usaban en iOS estaban un pouco desprazados xa que aínda debían pasar por caixa se querían descargar, ou renovar a subscrición, de uso de Whatsapp.

Co tempo, a aplicación pasou a custar en todos os sistemas operativos para volverse, meses despois e por parte de Facebook, completamente gratis para todos. Hoxe en día é a aplicación máis usada nos dous sistemas operativos móbiles maioritarios polo que cabe preguntarse: como gaña diñeiro Whatsapp?

Como xa dixemos, no pasado Whatsapp se valía do que custaba a aplicación para sufragar gastos e pagar o desenvolvemento, pero despois de converterse en gratuíta estes ingresos desapareceron, polo que a aplicación (a pesar de ser de Facebook) está a piques de lanzar un sistema que lle reportará ingresos: os perfís de empresa verificados.

Que será un perfil de empresa en Whatsapp? Pois algo similar ao que xa existe noutras redes sociais como Twitter: unha conta que a empresa asegura que é verdadeira e que ten aos responsables directos detrás. É dicir, que existirán contas oficiais de bancos, tendas ou equipos de fútbol verificados por Whatsapp. E estas contas, por suposto, van ser de pago.

Esta nova canle de comunicación que se vai a abrir, que non é unha gran novidade xa que existe noutros sitios como Telegram, aínda non se sabe exactamente como será: se engadiremos nós á conta, se aparecerá como publicidade ou teremos que dar unha autorización previa nós. De todas as maneiras, Whatsapp apresurouse a dicir que aínda que as contas estean verificadas, se o seu uso non é o correcto, os usuarios normais poderán denunciala para que deixe de molestar (no caso de facelo).

Teremos ao noso banco respondendo as nosas dúbidas por Whatsapp? Pois case seguro que si. E non será moi tarde. Espérase que antes de que acabe o ano podamos ver esta nova característica de Whatsapp.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.