Charla sobre consumo responsable nas aulas Cemit

consumoResponsableO Instituto Galego de Consumo, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha un ciclo de charlas informativas dentro do programa CORES de Educación para o Consumo Responsable, que se retransmiten por videoconferencia en vinte aulas da rede CeMIT.

A charla do vindeiro 2 de maio ten que ver coa etiquetaxe dos produtos e os alimentos funcionais que podemos atopar no supermercado.

Na primeira parte da charla falarase sobre a etiquetaxe dos produtos, que está presente a diario nas nosas compras, aínda que moitas veces non nos decatemos. Cando imos ao supermercado atopamos estantes cheos de produtos, moitos deles con envoltorios que chaman a nosa atención… pero, en que nos baseamos para escoller un produto ou outro? Reparamos nas etiquetas? Dannos unha información útil? Entendemos esa información e coñecemos todos o conceptos que aparecen nas etiquetas? Esta charla pretende resolver todas estas preguntas e nela aprenderemos a ler correctamente as etiquetas para coñecer toda a información que ofrecen e, deste xeito, escoller o produto que mellor se adapte ás nosas necesidades.

A segunda parte da charla céntrase nun tipo de alimentos en concreto, os denominados “alimentos funcionais”. Os alimentos funcionais son aqueles que, ademais de ter as súas propiedades habituais, teñen algún efecto que achega beneficios adicionais para a saúde. Adoita ser un efecto preventivo ou protector. É dicir, pode ser un efecto de melloría para a saúde ou a diminución do risco dunha enfermidade (colesterol, efectos asociados á menopausia, etc). Aprenderemos a coñecer estes produtos e a identificar os seus pretendidos efectos adicionais

Como seguir a charla?

Hai dúas quendas, mañá ou tarde, en función da Aula Cemit que teñas máis próxima

Luns 2 de maio, de 10:30 a 12:00 horas (mañá)

Luns 2 de maio, de 16:00 a 17:30 horas (tarde)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.