Cloud computing: retos e oportunidades

cloudcomputing2

Imaxe queescloudcomputing.com

Esta semana estamos a falar sobre cloud computing. Despois de repasar algúns conceptos básicos recuperamos a presentación de Roberto Baratta no Centro Demostrador TIC (CDTIC) en decembro do ano pasado, sobre os retos na adopción do cloud computing. Os servizos na nube protagonizarán a inversión en novas tecnoloxías nos próximos anos pero antes temos que aprobar en confidencialidade e seguridade de datos corporativos e en dispoñibilidade de datos e servizos por parte dos provedores Cloud.

Antes de enfrontarse aos retos atendíanse aos principais beneficios do cloud computing para as empresas. Para as pemes e micropemes, permite unha maior oferta de servizos, un rápido desenvolvemento tecnolóxico para axustarse ao crecemento da empresa dentro do sector e un control efectivo dos custos; recoméndase neste caso a opción da nube pública. As grandes empresas deben optar por unha nube privada que lles ofreza unha maior autonomía de xestión e independencia do provedor.

Por sectores, os máis proclives ao uso do cloud son, por exemplo, os enfocados ao servizo e ao cliente final e os que contan cunha maior implantación e madurez de activos tecnolóxicos.

No capítulo sobre seguridade falouse sobre a Cloud Security Alliance España (CSA-ES). Trátase dun foro de debate que promove o uso das boas prácticas para garantir a seguridade e privacidade no entorno do cloud computing; está formado por membros representativos da industria do cloud en España. Un dos proxectos desenvolvidos é o Cloud Control Matrix; o obxectivo da versión española é impulsar a adopción de servizos cloud permitindo o cumprimento normativo e a seguridade efectiva dos datos.

Falta falar de cumprimento normativo e privacidade. Máis alá do desenvolvemento tecnolóxico e das posibilidades que ofrece o cloud computing cómpre atender cuestións legais como a lexislación, única ou múltiple dependendo da ubicación, ou a xestión das relacións entre clientes e provedores. Ademais, entre outras cousas, recoméndase prestar especial atención á ubicación, tratamento e cesión de datos persoais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.