Crowdfunding, derradeiro módulo do curso “redes sociais e comunicación 2.0”

Esta semana chega ao seu fin o curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Hoxe e mañá pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.

As xornadas son gratuítas, e se non podes asistir de maneira presencial ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, podes facelo a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.

Tes conta en Twitter? pois tamén podes seguir os comentarios das xornadas a través do hashtag #socialmaisTIC.

Interésache o Crowdfunding? Pois a semana que ven publicaremos unha información que che ha de parecer aínda máis interesante. Pásate por aquí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.