Cursos nas aulas CeMIT que comezan a mediados de febreiro

De cando en vez achegámonos á Rede de aulas CeMIT, onde contan cunha variada oferta formativa á vosa disposición, de forma totalmente gratuíta, para a vosa formación en novas tecnoloxías. Esto é o que e hai no calendario para as próximas semanas.

banner_cemit

Velaquí algúns cursos que comezan o 15 de febreiro:

  • Sácalle máis partido ao teu ordenador – nivel avanzado (Ribeira, 16h)
  • Capacitación Avanzada en Ferramentas TIC (Celanova, 45h)
  • Dispositivos móbiles (Abegondo, 6h)
  • Formación dixital básica (Marín, 15h)
  • Aplicacións útiles en Internet (O Barco, 15h)
  • Procesador de textos LibreOffice Writer – nivel Medio (Poio, 7,5h)
  • Redes sociais 2.0 (Vilasantar, 4,5h)

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e amosar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.