A dixitalización do ensino chega a todas as aulas de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato

A Xunta de Galicia acaba de completar a dixitalización de todas as aulas públicas dos cursos 5º e 6º de Primaria, 1º,2º,3º e 4º da ESO e Bacharelato. Son 120.000 alumnos beneficiados, nas 6.000 aulas de preto de 900 centros públicos que contan con, polo menos, un kit de aula dixital.

Cada kit está composto por un encerado dixital interactivo, un vídeo proxector, un ordenador portátil para o posto de profesor, ao que se engade a propia conectividade da aula. Unha acción que foi posible co investimento de 11 millóns de euros.

mclasssporta_trasnp

100% dos centros con conexións a 100 Mbps en dous anos

Os kits dixitais son unha parte importante, pero sen a conectividade dos centros é un esforzo incompleto. A mellora da conectividade é chave no proceso de dixitalización das aulas. Así, a Amtega sinala que nos últimos seis anos multiplicouse por dez a velocidade media de conexión a rede dos centros públicos de Galicia, que pasou de 5,36  a 58,65 Mbps.

Actualmente, máis de 370 centros dispoñen de conexión a rede con velocidades superiores a 100 Mbps  e  chegarase  a máis de 430 centros ao longo do 2016 (o 38% do total de centros públicos).

Ademais, a Xunta vén de asinar un acordo co Estado para que, en dous anos, o 100% dos centros públicos dispoñan de acceso a Internet de 100Mbps.

Outras accións dixitais

Ao abeiro da aposta pola dixitalización educativa, é importante sinalar dous proxectos estrela:

  • AbalarMóbil, que facilita a comunicación entre os membros da comunidade educativa (co portal espazoAbalar e a app abalarMobil)
  • e-Dixgal, unha plataforma de aprendizaxe virtual con contidos dixitais online e off-line, gratuítos para as familias. Neste curso 2015/16 traballan de xeito diario con contidos dixitais preto de 6.000 alumnos de 5º e 6º de educación primaria e 1º de educación secundaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.