E os gañadores de Galicia Open Future son…

FOTO_GRUPO1

Situm Technologies, Appentra e Monet son os 3 proxectos gañadores da primeira edición de Galicia Open Future. Cada un dos gañadores recibiu unha axuda de 25.000€ da Xunta a través da Axencia Galega de Innovación para que poidan continuar co desenvolvemento do seu proxecto. Ademais poderán acceder a un préstamo reembolsable doutros 25.000€.

Galicia Open Future

Durante estes 6 meses leváronse a cabo máis de 50 actividades formativas, encontros con expertos e máis de 370 horas de adestramento coas empresas implicadas.

Case a metade dos 136 proxectos presentados están en fase de comercialización. O programa permitiu a moitos dos proxectos avanzar no seu estado de madurez e incluso contratar a novos membros (fixérono o 32% dos equipos). Outros reformularon a súa proposta inicial grazas ao asesoramento recibido. É o caso de Xerpa, aos que entrevistabamos a semana pasada.

Está previsto que a segunda convocatoria de Galicia Open Future se abra a principios de maio deste ano, e que a terceira se realice no 2016.

Os proxectos gañadores

Appentra desenvolveu un produto chamado Parallware. Permite reducir o tempo de cálculo e desenvolvemento e a dependencia de perfís informáticos especializados en programación e computación para as empresas.

Monet, aos que xa entrevistamos en Xente Dixital, ofrecen ás adegas unha ferramenta de viticultura en forma de plataforma web que permite controlar o estado do viñedo dende calquera dispositivo móbil.

Por último, en Situm desenvolveron unha tecnoloxía de localización multi-sensorial desenvolvida para interiores. Unha especie de GPS que poderemos usar, por exemplo, en aeroportos ou museos. Tamén será de utilidade para o movemento por interiores das persoas con visibilidade reducida.

Financiamento, asesoramento, colaboracións… Quen se apunta á próxima edición de Galicia Open Future?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.