Educación en rede en Galicia

imaxecontidos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Amtega, distribuiu nos últimos catro anos 811 encerados dixitais entre os centros educativos de toda Galicia. A actuación responde ao convenio asinado co Ministerio de Cultura e coa entidade pública Red.es, no marco do programa ‘Educación en Red’.

Desta iniciativa xa se beneficiaron 19.000 alumnos e 1.600 docentes de 374 centros educativos. Este material repartiuse a maiores das 2.295 aulas Abalar instaladas pola Consellería en 531 centros educativos galegos.

‘Educación en Red’ trouxo a Galicia 811 encerados dixitais táctiles, 811 proxectores de ultracorta distancia, 71 portátiles e 5 kits de aula dixital. O 39% dos centros receptores son de primaria e o 61% de secundaria e bacharelato.

O acordo tamén comprende a capacitación de docentes en materia de novas tecnoloxías polo que, en paralelo, desenvolvéronse 10 módulos de formación para o profesorado e accións formativas presenciais.

O programa ‘Educación en Red’ e Abalar buscan avanzar na transformación dos centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais, e fomentan a formación do profesorado no uso e aproveitamento das TIC na aula.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.