O puntogal chega aos correos da Xunta

O correo corporativo da Xunta de Galicia emprega dende o pasado día 17 (o Día das Letras e o día da Internet) o dominio galego .gal.

7cghyF5iMáis de 18.500 direccións de correo electrónico da Administración xeral substitúen desde o día 17 o @xunta.es por @xunta.gal que, xunto ás 3.500 contas do eido xudicial que xa o estaban e empregar, suman xa 22.000 direccións de correo con .gal.

O obxectivo é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo, incluídas as do ámbito da educación e da sanidade, utilicen só o puntogal.

Este compromiso concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi  aprobado en maio de 2015. Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego.

En paralelo, e sen custe adicional, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao .gal, que xa está presente en 80 portais corporativos, o 40% do total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.