#empregoDIX

empregodix_reportuiteo_foto_by_serantes

Foto lauracamino.es | Foto de base David Serantes

A principios de decembro celebrábase na Cidade da Cultura o Seminario “Novos Perfís Profesionais na Era Dixital”. A xornada estaba organizada pola Amtega e enmarcada dentro do Programa de Voluntariado Dixital. O obxectivo era amosar os novos perfís profesionais xurdidos do avance da economía dixital.

O evento contou co servizo de reportuiteo da xornalista Laura Camino á que entrevistaremos este mércores; no seu blog podedes enterarvos de todos os detalles do seminario.

O primeiro en intervir foi o experto en marketing e redes sociais Juan Merodio que aportou datos como que o 60% dos empregos nos próximos anos terá base dixital. Falou ademais da importancia de traballar a marca persoal, de construír o noso perfil profesional na rede a través da comunicación en blogs e redes sociais.

Na segunda parte da xornada falouse de Marketing e Comunicación Dixital, Programación e Deseño Dixital. Na primeira das mesas participaron profesionais como José Alcañiz que expuxo o concepto do inbound marketing: atraer ao cliente no lugar, no momento e co contido adecuados. Ao seu carón estaban Óscar Reboiras, detrás de @quecheparece (Twitter da compañía telefónica R) e David Serantes, responsable de Blog de Serantes.

De programación falaron, entre outros, Fernando e Sergio Prieto, fundadores de Gato Salvaje Estudio, empresa galega de produción de videoxogos. De introducirnos no mundo das apps móbiles encargáronse Xurxo Méndez (SmartGalApps) e Alberto Ruibal (Mobialia).

Daniel de Castro (DeCastro Designers), Pablo López (Hacce Soluciones TIC) y Alexandre Santorio (Duplo Studio) completaron a xornada coas súas reflexións sobre deseño dixital. Daniel de Castro opinaba que este é un sector no que “queda moito que facer”; Pablo López pola súa banda falou da páxina web como elemento imprescindible en calquera campaña de marketing, incidindo en que os obxectivos da mesma deben conseguirse de maneira rápida e sinxela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.