En setembro desenvolverase o piloto do Fogar Dixital

20150722-fogar-dixital-1

Escoitarades falar do Fogar Dixital asistencial? Permitirá converter os fogares galegos en prolongacións dos centros sanitarios e dos centros sociais a través da tecnoloxía. Minimizará os ingresos en centros hospitalarios e residencias de asistidos.

O Fogar Dixital permitirá aos profesionais sanitarios facer un seguemento remoto e contínuo do estado do paciente e da eficacia dos tratamentos. A idea é que pacientes e coidadores poidan seguir coa súa rutina e evitar os contínuos desprazamentos aos centros sanitarios.

No mes de setembro desenvolverase o proxecto piloto coa monitoraxe de 500 pacientes crónicos de tres patoloxías: insuficiencia cardíaca, diabete e enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Nunha segunda fase, o sistema estenderase a persoas que queiran ser atendidas na casa e non desprazarse a unha residencia ou centro de día.

O Plan Trabe e a modernización dos servizos sociais públicos

O Plan Trabe modernizará con 20 millóns de euros os servizos sociais públicos e posibilitará a historia social única de cada persoa ingresada nunha residencia social que integrará toda a información social do individuo e que será o paso previo da futura historia sociosanitaria: historia con información social e sanitaria.

A dixitalización dos servizos públicos é fundamental nunha comunidade que concentra o 50% dos núcleos de España e na que o 23% da poboación ten máis de 65 anos. A dixitalización da historia clínica, a receita electrónica no 100% das farmacias ou proxectos como Mi Avizor ou a teleasistencia, que permiten que persoas con certo grao de autonomía sigan residindo no seu fogar, proban que as TIC son fundamentais para garantir o envellecemento activo e promover a máxima autonomía persoal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.