Engade algún curso á lista de bos propósitos

CeMit_Ribadeo_2015_cursos_informatica

Foto: aulacemit.ribadeo.org

Estudar inglés, deixar de fumar, ir ao ximnasio… E facer algún curso para mellorar en novas tecnoloxías. Nesta lista atoparedes un curso para crear blogs, outro para aprender a usar Excel, ou unha actividade para que tiredes proveito dos smartphones e tablets que vos regalaron no Nadal.

En Leiro, do 4 ao 15 de xaneiro, podedes facer un curso para darse a coñecer a través dun blog. Aprenderedes cales son os mecanismos e ferramentas necesarios. Se estades interesados inscribídevos xa porque quedan moi poucas prazas.

No calendario atoparedes varias actividades de iniciación á informática para distintas idades. Un dos cursos celébrase na aula CeMIT de Cuntis, do 5 ao 28 de xaneiro. Se tedes problemas co móbil, en Fisterra do 18 ao 27 de xaneiro, celébrase a actividade “Aprende a usar o Smartphone”. En Leiro, do 16 ao 29 de xaneiro tamén vos ensinarán a configurar dende cero os vosos teléfonos e tablets novos.

Do 11 ao 13 de xaneiro, na Coruña, impártese un curso práctico de Excel para microempresas, autónomos e emprendedores. Se vos interesa inscribídevos canto antes porque a demanda está a ser moi alta.

Para un dos cursos clásicos da CeMIT, o de “Elabora o teu currículo” tedes que agardar ata o 28 de xaneiro. O curso celébrase na aula CeMIT de Ourense. Queredes saber todo o que se necesita para elaborar un currículo e adaptalo ás diferentes candidaturas?

Consultade o calendario e buscade a actividade que máis vos interese. Algún tema que botedes en falta?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.