Estás a preparar un psicotécnico? Estas ferramentas serán de gran axuda

O concepto de psicotécnico está moi ligado a algúns procesos de selección de persoal, sobre todo as oposicións. Este tipo de probas poden ser moi variadas, e adoitan conxugar intelixencia, memoria, percepción ou capacidade de razoamento. Pero tamén é posible preparalas.

test-figuras-22

Velaquí van algunhas webs que che poden axudar a preparar test psicotécnicos:

Psicotecnicotest.com

Non te deixes enganar pola súa interface; a pesar de parecer moi antiga está moi actualizada e contén unha gran cantidade de exames psicotécnicos. A organización é moi clara, e a columna da esquerda permite atopar facilmente o tipo de test ao que nos queiramos enfrontar.

Testworld

Posiblemente a web co deseño máis actual. Conta cunha sección específicas para que te poidas centrar en analoxías, cálculo numérico, capacidades administrativas, sinónimos, figuras, series… o complemento ideal para que poidas preparar calquera tipo de test.

 Testdeoposiciones.com

De todos os servizos que nomeamos, o que está máis enfocado ás oposicións. A súa orientación é clara: oposicións a Policía Nacional, Garda Civil, Prisións, tests en inglés e algunha opción máis.

Podemos entrar en cada un dos apartados anteriores e ver os contidos estruturados por temas para atopar o test que máis se axeite ao que estamos a preparar.

Ofrece a posibilidade de repetir unha e outra vez o mesmo test ata que che saia perfecto, de entre todo o temario e exames actualizados que poidas imaxinar.

 

Fonte: Genbeta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.