Experiencias TIC. “Siente Galicia”, “Toldos Gómez”, “Viña Costeira” e “Gadiex Placotec”

A Amtega lanza unha nova serie de vídeo-experiencias, nas que 12 empresas galegas expoñen o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio.

As vídeo-experiencias teñen como protagonistas a xestores e persoal directivo de pequenas e medianas empresas galegas de diferentes sectores que contan en primeira persoa o seu caso e tamén a súas impresións respecto da importancia da tecnoloxía e do labor de difusión e formación do CDTIC entre as pemes.

Unha experiencia que transmiten a través dun formato de entrevista breve e dinámica, na que os entrevistados amosan os beneficios acadados e outros aspectos relacionados coas tecnoloxías dixitais empregadas na súa actividade empresarial cotiá; dende as vantaxes de empregar un software de xestión das relacións cos clientes (CRM) ata a mellora do negocio coa introdución de dispositivos móbiles integrados co programa de xestión da empresa.

As primeiras Experiencias Tic

Os vídeos iranse publicando progresivamente e desde hoxe xa están accesibles dúas das doce pezas que compoñen a serie.

A primeira delas é sobre a experiencia coas TIC de SienteGalicia, unha axencia de viaxes de venda exclusivamente por internet especializada na comercialización de escapadas, vacacións e experiencias de ocio, principalmente de Galicia, que está localizada en Lugo.

A segunda pílula en vídeo é de TGM Toldos Gómez, unha empresa dedicada á fabricación e venda de toldos, impresión dixital e rotulación, carpas e estruturas, e outras actividades relacionadas, con sede en Arzúa.

Susana Gulín, de Viña Costeira, fálanos do emprego das TIC na súa empresa para coñecer o estado da vide mediante sensores e fotografías aéreas.

Iván Prieto, de Gadiex Placotec, preséntanos o beneficio que supuxo o emprego da solución na nube OwnCloud para a comunicación interna na súa empresa.

A iniciativa enmárcase dentro das actuacións do Centro Demostrador TIC (CDTIC) e o obxectivo é impulsar o emprego do dixital e as TIC amosando diversos casos de éxito reais de empresas de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.