Gaiás Gaming 2016, a LAN Party que se celebra esta fin de semana no Gaiás

Quen dixo que as LAN Parties están mortas? O vindeiro fin de semana celébrase en Santiago na Cidade da Cultura de Galicia o Gaiás Gaming 2016, unha festa que mestura tecnoloxía, actividades de ocio e mocidade ao longo de tres xornadas.

logo-gaias-gaming

Máis aló das actividades tradicionais deste tipo de eventos, o Gaiás Gaming  terá unha zona de concertos, unha zona infantil e mesmo actividades ao aire libre como poden ser unha tirolina, unha pista de paintball, e xogos tradicionais galegos (chave, ra e petanca).

Actividades e Relatorios       

O programa de actividades recolle o concurso “Rapaciños”. Este concurso consiste no desenvolvemento dun Story Telling sobre o Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu).

Como presentarse?bFormando un grupo mixto de entre 6 e 8 alumnos e alumnas e un docente. Os grupos deberán estar compostos por alumnado do mesmo centro . Cada centro pode presentar varios proxectos. Cada alumno/a só pode pertencer a un grupo e proxecto

A tecnoloxía tamén ten o seu espazo dentro dos relatorios, da man de profesionais como Álvaro Gómez VieitesAlberto Campos Viqueira ou Juan Gestal.

Especialmente interesantes son, para os asiduos a este tipo de eventos, os torneos dos videoxogos:

  • Counter Strike Global Offensive(con premios de 400, 250 e 100 euros para os tres primeiros equipos)
  • League of Legends(con premios de 400, 250 e 100 euros para os tres primeiros equipos)
  • StarCraft II(con premios de 200 e 100 euros para os dous primeiros xogadores)
  • HeartStone(con premios de 100 e 50 euros para os dous primeiros xogadores)
  • FIFA 16(con premios de 100 e 50 euros para os dous primeiros xogadores).

Durante o sábado 14 a música tomará protagonismo no Gaiás Fest; a partires das 18:00 horas e até a madrugada ofrecerá música en directo.

Mapa-GG-Monty

Prezo das entradas

O prezo das entradas varía en función das actividades ás que te apuntes. Os concertos son accesibles por tan so 6€, 30€ para a entrada xeral (20€ se tes o Carné Xove en vigor) ou 50€ para a entrada VIP (40€ con Carné Xove), que incluría: Acceso Participante LANParty, Descenso Premium En Tirolina, Ronda De Paintball, Camiseta Gaiás Gaming 2016 e Acreditación Conmemorativa 1ª Edición De Metacrilato.

Máis info: Gaiás Gaming

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.