Galicia, destino turístico intelixente

Smart_Camino

A mediados de xaneiro celebrouse no Colexio de Arquitectos de Madrid a xornada “Smart Destination: claves para a competitividade turística”. O Ministerio de Turismo presentaba os últimos avances no proxecto ‘Destinos Turísticos Intelixentes’, desenvolvido por SEGUITTUR. O obxectivo da iniciativa é impulsar a innovación nos destinos a través das TIC e a participación de empresas españolas en proxectos turísticos a nivel internacional. Santiago é unha das zonas turísticas adheridas a este programa.

O aproveitamento das novas tecnoloxías é unha das liñas estratéxicas do Plan Integral de Turismo de Galicia. A Amtega e Turismo de Galicia puxeron en marcha o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e competitividade do sector a través das TIC. O plan busca modernizar as infraestruturas tecnolóxicas, aproveitar as tecnoloxías para a promoción, comercialización e fidelización de viaxeiros, fomentar a innovación e potenciar o Camiño de Santiago.

Un dos elementos clave do Plan Smart Turismo é a creación do Smart Camiño, proxecto presentado a semana pasada na Feira Internacional de Turismo FITUR. SEGUITTUR desenvolveu para o proxecto a app “Camiño de Santiago en Galicia” que xeolocaliza ao usuario e permítelle seguir o trazado de cada etapa e ofrécelle información útil de albergues, monumentos, etc. Toda a información pode ser situada sobre o mapa con exactitude e está complementada con fotos e vídeos.

A app permite compartir contidos en redes sociais e valorar os recursos recollidos nesta mediante un sistema de check-in e puntuación con estrelas. Pódese buscar información por poboación e obter información do tempo ou dos eventos que se celebren na zona pola que pasa o peregrino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.