Guía práctica | Antivirus para o teu ordenador

Dende Xente Dixital somos conscientes da importancia da seguridade informática. Unha das recomendación que adoitamos ler é a de empregar algún tipo de antivirus para o teu ordenador. Na guía práctica de hoxe damos algúns consellos relacionados cos antivirus.

Antivirus_armshow

Gratuíto ou de pago?

Non hai unha resposta sinxela para esta pregunta. Hai antivirus de pago por uns 40 ou 50 euros, pero tamén existen versións gratuítas. Entre os antivirus de pago máis vendidos destacan ESETSymantecKasperskyMcAfeeTrend Micro e Panda Security (produto español)

Pola contra, estas son algunhas das opcións que non nos custarán un peso

Opcións gratuítas        

Microsoft Security Essentials

A opción máis sinxela para equipos que empreguen Windows 7 e Windows Vista. Intégrase perfectamente no sistema operativo Windows e goza de moi boa fama entre a comunidade de usuarios. Se usas Windows 10 a opción a considerar de Microsoft chámase Windows Defender.

Avast

O antivirus máis popular do mundo (e ademais, gratuíto!). Ten versión de pago, pero son moi poucos os que pagan por este software. Posúe 230 millóns de usuarios en todo o mundo e tamén ten versión para sistemas operativos móbiles. Presume de ser un dos antivirus máis lixeiros e rápidos que existen.

Un ou dous antivirus?    

En internet está moi estendida a idea de que é mala idea empregar dous antivirus.

Ben, o que si é positivo é empregar “dúas liñas de defensa” como poden ser un antivirus (coma os citados anteriormente) e un sistema “antimalware”, que te protexa de software malicioso que muda algunhas opcións do teu computador (nos navegadores web son bastante molestos)

En todo caso, o que si é recomendable é empregar, cando menos, un antivirus. Pola túa seguridade e a do teu equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.