Guía práctica | Cales son as funcións dun community manager?

Social_networking_services

Xa vos dixemos como crear un plan de social media para unha empresa. E compartimos con vós distintas guías prácticas sobre a xestión de blogs e redes sociais. Pero máis alá de crear contidos para publicar na web, no blog ou na páxina de Facebook seguindo unha estratexia, cómpre ter claras cales son as funcións dun community manager ou, mellor dito, do responsable da comunicación web dunha empresa.

  • Crear a estratexia. É o responsable de crear o plan de social media do que vos falabamos no que se definen os obxectivos, e de elaborar a estratexia de contidos que se debe seguir na xestión diaria da comunicación da marca.
  • Orzamentar. Xestión diaria da comunicación, creación de contidos orixinais, investimento en publicidade online… As posibilidades en comunicación aumentan, lóxico, canto maior é o orzamento. O obxectivo é investir os cartos dispoñibles da mellor maneira posible. Que será mellor: encargar un vídeo corporativo ou investir en Twitter Ads.?
  • Escoller redes sociais. Como sempre vos dicimos, moitas veces non é necesario estar presente en todas as redes sociais. Necesita Twitter unha panadería?
  • Creación de contido. O contido propio e orixinal é fundamental para conseguir unha comunidade crecente e para fidelizar ao noso público en redes sociais.
  • Xestión de redes sociais. Que tarefas incluiriades aquí? Actualizar as páxinas de Facebook, Twitter, Google+, etc., responder aos usuarios, interactuar con outras páxinas… Algunha máis?
  • Monitorizar. Temos que escoller que ferramentas nos van a permitir controlar se se conseguen os obxectivos. Hai aplicacións que vos poden axudar aínda que nas estatísticas de Facebook, Twitter ou Hootsuite (xestor de redes sociais) xa ides dispoñer de moita información útil.

Nesta lista poderiamos engadir a xestión da reputación da empresa e a xestión de crises pero preferimos adicarlle unha guía práctica a este tema a semana que vén. Como actuades cando vos deixan un comentario negativo no blog ou na páxina de Facebook?

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | Xestión de crises en redes sociais - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.