Guía práctica | Gamificación en redes sociais

Que é a gamificación? En tempos nos que nos sobra a información que nos chega a través da rede e nos que cada vez é máis complicado e caro conseguir interacción en redes sociais, cobra importancia a gamificación ou a aplicación de técnicas lúdicas a actividades publicitarias co obxectivo de involucrar aos consumidores coas marcas.

En web e redes sociais, úsanse aplicacións nas que os usuarios teñen que mellorar unha puntuación, descubrir unha sorpresa ou obter un premio. Para que? Para chamar a atención dos seguidores dunha marca, para acelerar a compra de produtos e servizos, para atraer e fidelizar clientes, para favorecer o recordo de marca, etc.

A semana que vén profundizaremos no concepto de gamificación, nas mecánicas de xogo ou en como se poden aplicar estas técnicas nas escolas. Hoxe veremos algúns exemplos de como nos pode axudar a acadar os obxectivos en redes sociais.

Xogando en redes sociais

Para acadar a interacción a través de xogos en redes sociais, podemos escoller unha rede social cun sistema de xogos integrado, usar aplicacións para publicar ese tipo de contidos en Facebook, Twitter, etc. ou simplemente tirar de creatividade.

  • Sistemas de xogos integrados. Un bo exemplo é Foursquare. Esta rede social sufriu non poucos cambios nos últimos anos pero hai pouco que recuperaban o antigo xogo dos badgets (agora Stickers) para a súa app Swarm. Invítannos a “gañar premios e competir cos nosos amigos segundo os lugares que visiten”.
  • Aplicacións para Facebook, Twitter e Instagram. En Xente Dixital falámosvos moitas veces de easypromos. Podedes crear un concurso de fotos ou de vídeos para involucrar aos vosos seguidores ca marca. Ou atrevervos cun concurso de relatos ou outro tipo Trivial. Antes de aventurarvos pensade que necesitades unha comunidade que interactúe dun xeito significativo. Nunha comunidade activa creamos un xogo para aumentar o nivel de interacción, gañar seguidores etc. Nunha páxina sen interacción o concurso resultará un fracaso.
  • Gamificación en Instagram. Coincidindo co US Open do ano 2014, Heineken creou un perfil en Instagram no que ía subindo fotografías dos espectadores formando un collage. Cada día publican pistas cunha palabra clave para axudar aos seguidores a atopar unha foto concreta que os convertiría en gañadores.

Fontes: socialmediaycontenidos.com, contestomatik.com.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.