Despois de falarvos de Facebook, Twitter, Google +, Linkedin, Youtube, Vimeo, Instagram, Flickr, Tripadvisor, minube, etc., chega o momento de adentrarse no universo dos blogs, ferramenta fundamental para a creación da marca persoal. Por que incluímos este post na categoría de guías prácticas de social media? Porque social media ou medios sociais son os blogs e redes sociais nos que creamos e compartimos contido de interese.
Comezamos comparando características de dúas das plataformas máis populares: wordpress.com (non confundir con wordpress.org do que vos falaremos máis adiante) e Blogger. Haberá tempo e posts para explicarvos o seu funcionamento.
BLOGGER
- Ferramenta que vos permite contar cun blog persoal de maneira gratuíta.
- Poucas plantillas para escoller e pouco editables.
- Non temos que ceder espazo para anuncios polos que non recibimos nada a cambio.
- É doado engadir e organizar gadgets para interaccionar en redes sociais a través do blog, por exemplo.
- Podemos monetizar a actividade no blog a través de Google Adsense.
- Blogger é un servizo de Google co que iso implica para o posicionamento do noso blog.
- O deseño responsivo ou adaptado aos dispositivos móbiles é unha das tarefas pendentes de Blogger.
WORDPRESS
- Non estades afeitos a traballar con xestores de contido online? WordPress é, sobre todo, moi doado de usar.
- Permítenos aloxamento web gratuíto.
- Podemos empregar un dominio propio polo que teremos que pagar unha tarifa anual.
- Podemos escoller entre moitas plantillas pero non podemos editalas todo o que nos gustaría.
- Non sodes capaces de imaxinar a cantidade de widgets que podedes engadir para contar con novas funcionalidades; para posicionamento, idiomas, melloras de deseño, etc.
- O software actualízase automaticamente.
- Que non vos extrañe se aparecen anuncios cos que non contabades.
Para escoller entre unha e outra debedes responder á pregunta de se o voso é un blog persoal ou profesional; WordPress é a opción máis recomendable se buscades un espazo no que desenvolver o voso perfil profesional.
Fonte: http://somosinapsis.com/



Pingback: Guía práctica | Pasos para a creación da marca persoal - Xente Dixital