A III Edición de Galicia Open Future recibe case un centenar de solicitudes

A convocatoria da nova edición de Galicia Open Future resultou ser un éxito. Un total de 96 proxectos empresariais e innovadores presentaron a súa candidatura para participar na III edición de Galicia Open Future.

GALICIA_OPEN_FUTURE

Nos vindeiros días deste mes coñeceremos cales son os 50 proxectos seleccionados que accederán ao centro de emprendemento galego que impulsan Telefónica, Amtega e Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Impacto do proxecto

As 50 candidaturas seleccionadas acceden a un programa de seis meses de duración inicial – prorrogables en períodos de tres meses – onde reciben formación e adestramento especializado, adaptado ás súas diferentes fases de maduración (idea, semente, prototipo, piloto ou lanzamento) e relacionado co seu modelo de negocio.

Dende a plataforma web a experiencia multiplícase e enriquécese máis: os participantes poden entrar en contacto tamén con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica.

Doutra banda, cada un dos 50 proxectos recibe unha axuda de 2.000 euros.

Os gañadores

Superada a primeira fase de formación, e unha vez evolucionados xa os proxectos, un xurado de expertos seleccionará aos tres mellores en función da súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a súa viabilidade, ademais da súa composición multidisciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial.

Para cada un dos tres proxectos gañadores, Axencia Galega de Innovación outorgaralles 25.000 euros  para destinar ao desenvolvemento do propio proxecto. Tamén terán opción a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.