Máis “Servizos no mapa”

ServizosMapa1

En Xente Dixital xa vos falaramos da aplicación da Xunta Servizos no mapa. Adicámoslle outro post porque conta con novos servizos, recursos e funcionalidades.

Servizos no mapa dispón xa de 6.300 equipamentos e servizos da Administración pública, tanto autonómica como estatal e local: centros educativos, culturais, sanitarios, etc. Está dispoñible no Espazo e! da web da Xunta ou na ruta http://www.xunta.es/servizos-no-mapa.

Podemos localizar de xeito sinxelo os distintos servizos buscando por palabra, provincia, concello, tipo de servizo e temática. Cada servizo conta cunha icona específica na que podemos facer clic para obter información do recurso: enderezo, teléfono, correo electrónico, etc. Dende a posta en marcha da aplicación en setembro do ano pasado, xa se engadiron máis de 2.000 novos recursos e incrementáronse o número de servizos pasando de 13 a 21.

Máis servizos e funcionalidades

ServizosMapa3

Os novos servizos incorporados permiten acceder a información e datos de contacto de oficinas de emprego, casas consistoriais, Edificios da Administración de Xustiza, centros sociais, para persoas con discapacidade, para a infancia, para persoas maiores e para a inclusión social.

Por último, Servizos no mapa ofrece unha nova funcionalidade que permite coñecer a posición física do cidadán (a do ordenador ou dispositivo móbil) para informalo de cales son os servizos ou equipamentos que ten máis cerca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.