María Nimo: “Dismedia nace coa misión de ser un axente de cambio na educación”

dismedia

María Nimo y Juan Carlos Filgueira, Dismedia

Volvemos de visita a Galicia Open Future para entrevistar a María Nimo, CEO de Dismedia. O seu é “fomentar aprendizaxes centradas no alumno, innovadoras, creativas, cheas de experiencias e emocións”.

Brevemente, que é Dismedia?

Dismedia nace coa misión de ser un axente de cambio na educación, acompañando ás familias e centros educativos a renovar o sistema e conseguir alumnos e docentes motivados.

Que servizos ofrecedes?

Inicialmente comezamos ofrecendo asesoramento tic aos centros que completamos coa formación ao profesorado, venda de equipamento, instalación e mantemento. Dende hai un ano comezamos a traballar nunha nova liña orientada ao cambio de paradigma educativo. Temos claro que o cambio está a chegar e non hai volta atrás, por iso queremos ser pioneiros á hora de ofrecer aos centros un servizo de axuda, acompañamento e asesoramento para xestionalo. Todo iso dende a proximidade e a relación fundamental entre os alumnos, a escola e a familia.

Temos moito que mellorar en educación? Que sería o primeiro que cambiarías?

O sistema está obsoleto. É moi fácil citar os problemas da educación e ultimamente parece que se empeza falar cada vez máis deles, pero xa están identificados, agora hai que propor solucións e esta será a nosa misión. A escola debe abrirse á sociedade, actualizarse, necesitamos alumnos protagonistas da súa aprendizaxe e para iso deben poder aprender ao seu ritmo e guiados de acordo aos seus intereses. Necesitamos alumnos que vivan experiencias que lles proporcionen estas aprendizaxes e os profesores deben acompañar e guialos nesta viaxe.

Como está a resultar a experiencia Galicia Open Future? Que vos achegou?

Estamos encantados e aprendendo moito. O noso proxecto está a avanzar moito máis rápido grazas ao equipo de Galicia Open Future, que nos apoia, aconsella e que nos fai cuestionarnos cada paso que damos para valorar se imos na dirección correcta. Ademais, coñecer a outros proxectos que están na nosa situación ou hai pouco que pasaron o mesmo que nós fai que se cre unha especie de familia, na que tentamos axudarnos entre todos.

Que obxectivos tedes? Como vos vedes dentro dun ano?

O noso obxectivo é lanzar para o curso que vén o noso primeiro proxecto educativo para primaria, que consiste na implantación do uso da robótica educativa a través das áreas curriculares na aula. É un proxecto moi ambicioso, e que está a xerar bastante interese entre os profesores cos que estamos a manter conversacións para elaboralo.

1 comentario

  1. Pingback: Que é a gamificación? - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.