Nova convocatoria de máis de 500 prazas para conseguir o CODIX, o certificado galego de competencias dixitais en ofimática

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou hoxe mesmo máis de 500 prazas para conseguir o certificado galego de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Este certificado, ao que pode presentarse calquera persoa, acredita á persoa na formación no paquete ofimático LibreOffice e sirve para presentar ante calquera institución, xa sexa pública ou privada.

Para conseguir o certificado é necesario pasar unha proba a cal está composta de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, cuxas 5 unidades pertencen ao módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade. Para superar a proba, é necesario responder correctamente ao 60% das preguntas e tendo so unha oportunidade para pasar o exame

As probas realizaranse en 39 concellos de toda Galicia entre o 26 e o 28 de abril, e en total hay 546 prazas disponibles nas 34 localidades que teñen Aula CeMIT: Abegondo, Ames, Arzúa, Bande, O Barco, Barreiros, Boiro, Brión, Campo Lameiro, A Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Celanova, A Coruña, Cuntis, A Fonsagrada, Lalín, Leiro, Marín, Oroso, Ourense, Padrón, Pontedeume, As Pontes, Pontevedra, Santa Comba, Santiago, Sarria, Tomiño, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo e Vimianzo.

Para inscribirse, pódese facer a partir de mañá xoves 15 de marzo a través da Internet, sendo o único requisito ser usuario da rede CeMIT. No caso de que houbera máis inscritos que prazas, realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde na que se fará a matrícula.

Se queres coñecer máis acerca do temario que é necesario coñecer para este certificado, o calendario de probas ou realizar a inscrición, tes toda a información na páxina do CeMIT.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.