O 15 de xuño, data límite para presentar candidaturas a Galicia Open Future

GaliciaOpenFuture_comofunciona

A mediados de maio presentabámosvos a iniciativa Galicia Open Future, froito da colaboración entre a Xunta e Telefónica. Desenvolveranse 50 proxectos innovadores que aproveitarán os recursos da rede Open Future da multinacional; o prazo para presentar solicitudes remata o 15 de xuño.

Crearase un centro de crowdworking na Cidade da Cultura no que os usuarios poderán participar en actividades de formación e mentoring e acceder á plataforma openfuture.org, que conecta a milleiros de emprendedores.

As empresas e profesionais interesados en incorporarse poden presentar as súas candidaturas cubrindo o formulario que atoparán na web galicia.openfuture.org. Poden consultarse dúbidas no enderezo de correo galicia.crowdworking@openfuture.org. O proceso de selección remata a mediados de xullo.

A duración do programa é de seis meses prorrogables en períodos de tres meses. Finalizada esta etapa, seleccionarase os tres mellores proxectos. Ofrecerase a cada proxecto seleccionado unha axuda de 2.000 €. As tres mellores iniciativas de cada convocatoria recibirán unha axuda de 25.000 € e ofreceranse 3 préstamos reembolsables de 25.000 € cada un para os tres mellores proxectos que se constitúan antes como empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.