O mellor do mes de marzo en Xente Dixital

omellordomesdemarzoEstes son os contidos que publicamos durante o mes de marzo e que máis éxito tiveron. A continuación deixámosvos unha escolma do que, para vós, foron os mellores contidos do mes. Se se che escapou algún, sempre podes volver a lelo hoxe.

Xoguetes para que os nenos aprendan a programar. É importante fomentar o interese dos nenos pola informática, incluso máis aló dos propios trebellos e do seu uso. Por iso, cada vez existen máis opcións para achegar o mundo da programación aos máis cativos.

O carné único para a Rede de Bibliotecas Públicas: Xa está en marcha o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; grazas á implantación dun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria de catálogo único, promovido pola Amtega e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Aplicacións para consultar o tempo aló onde nos atopemos. Para que o tempo non che estrague os plans ou, cando menos, poidas prepararte ante as inclemencias meteorolóxicas

Charlas sobre consumo responsable. Lembra que hoxe, como cada primeiro luns do mes, tes unha. Concretamente, “Linguaxe publicitaria e publicidade ilícita”.

De viaxe á aula Cemit de A Bola: iniciamos sección e viaxaremos cada mes a unha aula Cemit Diferente. Comezamos por A Bola (Ourense), e este mes de abril levarémoste de viaxe a outra aula.

Nudoss, unha rede social de cruceiros (made in Galicia). O proxecto que participa en Galicia Open Future. A primeira Rede Social de Cruceiros de Europa. Es unha plataforma web que interconecta aos destinos, ás navieras e aos usuarios de cruceiros nun único espazo no que compartir información, recomendacións e suxerencias.

MyBulling, a app que axuda a detectar o acoso escolar. O programa, que se probou en miles de estudantes dende o ano 2005, xera un mapa social da clase e propón medidas para evitar o illamento dos estudantes máis vulnerables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.